O vindeiro sábado 13 de decembro o club de lectura compartida Lendo Contigo celebrará a última sesión do ano co xogo “Porquelandia”, de Ledicia Costas e con ilustracións de Iván R., publicado por Triqueta Verde. Nesta ocasión contaremos con Iván R. para xogar, debuxar historias e para achegarnos ao oficio da ilustración.
Será ás 12:00h na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). Agardámosvos!
En novembro a lectura proposta foi “Puntiño e Borrón”, de Anna Taraska (Triqueta Editora). Durante a sesión probamos moitos xogos de lapis e papel, ampliamos as historias da nena Puntiño e escoitamos a mensaxe que nos enviou, desde Polonia, a mesmísima autora do libro. Deixámosvos aquí as imaxes da sesión:





