O Lendo Contigo vai de excursión a Cans!

O sábado 25 de abril o Lendo Contigo celebra unha sesión enmarcada na Semana do Libro e a Lectura. Nesta ocasión cambiamos a localización e nos trasladamos ao escenario no que se desenvolve o libro “A excursión a Cans. Unha veciña de película, de Iria Misa (Xerais).

Contaremos coa presenza da autora, Iria Misa, coa que realizaremos un roteiro por Cans e polos diferentes lugares nos que se desenvolve a historia. Pode, incluso, que atopemos a Alice Guy subida nalgún chimpín!

A sesión será o sábado 25 de abril, ás 12:00h, en Cans. O lugar de encontro será o aparcadoiro que está ao lado da estatua do can de pedra. Ao rematar a sesión, celebraremos un pícnic no que poderemos levar o menú da excursión dos nenos e nenas do colexio de Elsie e Simón. Animádevos a participar!

Na sesión de marzo gozamos do teatro lendo a obra “Os dedos e o monstro”, de Francisco Antonio Vidal. O autor acompañounos durante a sesión e contounos moitas curiosidades sobre lendas e xogos tradicionais. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: 

Francisco Antonio Vidal 10

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *