“O Peculiar”, no Lendo Contigo

O sábado 30 de maio o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a última sesión da tempada falando do libro “O Peculiar,” de Érica Esmorís, publicado pola editorial Cuarto de Inverno.

Contaremos coa presenza da autora para falar de Comba e da historia do Peculiar, dos seus extravagantes clientes e da importancia de manter a esencia e a identidade dos espazos para que todos e todas, coas nosas peculiaridades, poidamos atoparnos neles.

A sesión será o sábado ás 12:00h na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), e ao rematar a sesión aproveitaremos para despedir a tempada cun xantar compartido.

Na sesión de abril realizamos un roteiro por Cans con Iria Misa, percorrendo os lugares nos que estiveron Elsie e Simón na historia “A excursión a Cans. Unha veciña de película” (Xerais). Moitas grazas, Iria, por levarnos de excursión!

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: 

Excursión a Cans con Iria Misa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *