O poeta Carlos Negro conduce un suxestivo obradoiro no Comando Le

O xoves 25 de abril, ás 19:00h na Biblioteca de Gondomar, o poeta Carlos Negro estará cos mozos e mozas do Comando Le para conducir un obradoiro co suxestivo título de “Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros”. Faremos unha indagación sensual e gorentosa no vicio da poesía, suxerindo definicións, lendo textos, saboreando palabras… Misterio, emocións, amor, unha sesión chic e fashion. E quizais algunha sorpresa que aínda non aparece nos papeis.

O obradoiro inscríbese dentro da Semana do Libro e a Lectura 2013 que Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza dende o 22 ao 27 de abril con motivo da celebración do Día do Libro.