“Ó revés” no Lendo Contigo

O sábado 23 de novembro o Lendo Contigo reúnese de novo, e nesta ocasión o libro proposto é Ó revés, de Florence Hinckel, editado por Sushi Books. Lea e Tom viven nun mundo no que as rúas e os colexios teñen nomes de mulleres famosas e nas escolas ensínase que o feminino prevalece sobre o masculino. Pero un día comezan a reflexionar sobre os esteriotipos deste mundo e a cuestionar esta norma. 

Se vós tamén queredes saber sobre as reflexións de Lea e Tom, convidámosvos a participar na sesión o sábado 23 de novembro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar

Agardámosvos!

Na sesión do mes de outubro recibimos a visita de Miguel Alonso Diz, que nos falou da Axencia Galega de Asuntos Máxicos e de moitas outras cousas das que non podemos falar (agora todos somos da AGAM). As imaxes, iso si, podedes velas na seguinte ligazón: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *