O próximo xoves 1 de outubro o club Sete Vidas comeza a nova tempada falando de “Cáncara” de Fran Alonso, editada por Xerais.

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais.
«Cáncara» é unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha radiografía das transformacións sociopolíticas actuais.
A sesión, na que nos acompañará o autor, será as 20:00 horas na biblioteca municipal de Gondomar, agardámosvos!




