Os animais inundan a Casa da Lectura

Este mércores, 4 de decembro, a Casa da Lectura encherase de animais. Preparádevos para demostrar canto sabedes sobre eles, haberá un exame moi, moi especial! 
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros. 

Na sesión anterior Pili e Iago leron A casa da duna (Editorial Xerais) e convidáronnos a encher de obxectos e colorear unha gran onda.

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *