A sesión de dinamización lectora deste mércores 8 de maio na Casa da Lectura vai estar dirixida por un grupo de mozos que participan no Comando Le, o grupo de activismo cultural para mozas e mozos de 12 a 16 anos, de Espazo Lectura.
Nesta ocasión, os comandoleiros encherán a Casa da Lectura de piratas e lerán O pirata Pata de Lata, A illa do tesouro do pirata Caveira e O pirata valente. Haberá ademais poesía de Fran Alonso e música de Mamá Cabra.
Deseguido pódense ver algunhas imaxes da anterior sesión: