O mércores 12 de xuño despedíronse por esta tempada as sesións dos mércores na Casa da Lectura cunha romaría poética en honor a Rosalía de Castro, con motivo dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos.
Arredor do libro Alborada da editora Bailarete, argallouse unha festa da poesía na cal participaron a súa ilustradora, e socia de Espazo Lectura, Irene Silvaos; os nenos e nenas do grupo folclórico do Centro Cultural de Chaín; Xaime Estevez (gaiteiro) e Rita Bugallo (que armou un teatriño con Rosalía de Castro como protagonista). Ademais, as “Wiki Rosalías” rapearon poemas da autora e Xela Alonso recitou “Adiós ríos, adiós fontes”.
O acto contou coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Esta é a galería poética.
No outono regresarán as actividades de dinamización lectora á Casa da Lectura.