Os monstros visitan a Casa da Lectura

Este mércores 22 de xaneiro ás 18:00h recibiremos a visita de varios monstros. Eses personaxes fantásticos con características anormais, polo xeral negativas alleas á orde regular da natureza falarannos nesta sesión dos valores do respecto, a convivencia a empatía e introducirannos na fascinante linguaxe das emocións. Anímaste?

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros. 

Na sesión anterior Bea, a través do frío e o tempo invernal, achegounos ao arco da vella, enchendo a Casa da Lectura de muiños de cores. 

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *