Os nenos porcalláns na Casa da Lectura

O 2 de abril ás 18:00h recibiremos a visita de Nacho Rubio e Marc Taeger, que virán á Casa da Lectura para ler e debuxar poesía.

A sesión xirará arredor do libro Os nenos porcalláns, da editorial Pepa a Loba, sobre o que realizaremos posteriormente un obradoiro. 

Se queredes que os autores vos asinen o libro, podedes adquirilo previamente na Libraría Libraida ou na vosa libraría de referencia. 

Agardámosvos! 

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior Bea convidounos a xogar coas palabras a través dunha sesión chea de poetas e poesía. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: 

IMG_8337

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *