O próximo mércores na Casa da Lectura haberá unha sesión a cargo de Bea Pereiro e Fran Alonso que estará dedicada aos contos sobre esa aventura incrible que é ler.
Que cousa rara son os libros? Que pasa cando lemos? Que segredos marabillosos agachan os libros?
A partir da lectura de Cando leo, de Eva Mejuto e Bea Gregores; A analfabeta, de Eria Esmorís e Dani Padrón; e A rebelión da lectura, de Fran Alonso e Chus Rojo, viaxaremos por moitos dos mares dos libros e da lectura.
Logo, no obradoiro, faremos de arquitectas e arquitectos e construiremos unha Casa da Lectura.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior Cris trouxonos poemas e historias de diferentes animais para convidarnos finalmente a debuxar o noso animal favorito para elaborar un libro.
Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: