O próximo venres 29 de maio ás 18 horas terá lugar a derradeira sesión desta tempada de Contos en Cueiros de contos en Cueiros, o contacontos para bebés de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase, coma sempre, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.
Nesta ocasión, Pablo Díaz visitará a Casa da Lectura para facer unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións. Moitos dos contos son cantados de principio a fin.
A entrada é de balde e precisa inscrición previa, para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade.
Criterios de inscrición:
- Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta.
- Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
- Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 27 de maio a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
- O nome do bebé.
- O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois.
- O nome da persoa adulta que o vai acompañar.
- Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
- En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a
Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.
Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).
Animádevos a participar!
Déixamosvos unha imaxe da anterior sesión coa Banda dos Cueiros





