O vindeiro luns 28 de abril, como última actividade da Semana do Libro e a Lectura 2025, poderemos desfrutar dunha sesión especial do Contomar.
Prestade atención porque nesta ocasión será na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) ás 18 horas.
Alí cantaremos e bailaremos coas divertidísimas cancións de Paco Nogueiras e seu novo traballo “Son animal” (Kalandraka). Daquela seguro que todos seremos un pouco máis animais e encheremos a Casa da Lectura de vacas, cadelos, burros, cabras, galiñas e outros moitos bechos cos que viaxaremos polo mundo a través de diferentes estilos musicais.
Non volo perdades e animádevos a participar!