Palabras que apagan conflitos

Este mércores na Casa da Lectura descubriremos a través dos contos Por que?, Un cadro de Picasso La maleta que as mellores ferramentas para solucionar os conflitos son o diálogo e a conversa.


A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.


Na sesión anterior Concha homenaxeou a Agustín Fernández Paz con Un tren cargado de misteriosA través das adiviñas dos distintos vagóns, as nenas e nenos foron participando ata conseguir as caixas, que agochaban as pezas dun quebracabezas coa portada de A rebelión da lectura.

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: 

IMG_20260204_183003176_HDR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *