Papaventos Abismados desdpide a tempada do Daquelas que Len

O vindeiro sábado 21 de xuño o club Daquelas que Len despedimos esta última tempada coa obra Papaventos Abismados (Ed. Apiario), de Marta Dacosta, Premio de Poesía Filomena Dato, 2023.

Marta Dacosta

Un poemario intimista pero tamén de marcado carácter social e político que abrangue temáticas como o coidado, o amor, a culpa, a vellez e a preparación para a perda.  A obra achéganos á fraxilidade e vulnerabilidade humana e explora como a memoria e a identidade se desvanecen co tempo. Posiciónanos ante o propio espello daqueles que coidan e son coidados como forma de tomar consciencia da importancia dos coidados e a sobrecarga que soportan as mulleres.

O encontro terá lugar ás 12h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza da autora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *