Despois dunha tempada chea de piratas, fuxidas, monstros, ratos, caixas, chuvia, tartarugas, corvos, piollos, lume… o Contomar chega ao seu fin. Unha tempada moi especial na que, ademais de compartir historias celebramos o 20 aniversario desta actividade que leva dúas décadas facendo da lectura e da biblioteca un lugar de encontro.
O vindeiro luns 25 de maio, ás 18:00 horas, celebraremos a última sesión da tempada na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión anterior visitáronnos Eva, Brais e Guillerme, mestres do CEIP Souto-Donas, centro educativo socio prortector de Espazo Lectura e contáronnos:
– Sopa verde (OQO).
– As fabas máxicas (Kalandraka).
– Cen sementes que voaron (Galaxia).
– ¿Por qué non floreces? (Tramontana).
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:





