Despois dunha tempada máxica chea de sapos, lobos, carteiros que non sabían ler, cincentas con zapatillas peludas, poesía, cans, banquetes fabulosos, música… o Contomar chega ao seu fin.
O vindeiro luns 26 de maio, ás 18:00 horas, última sesión do Contomar desta tempada na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión anterior contamos:
– Tío lobo (Kalandraka).
– Irmáns (Algar).
– Son calado (Hércules De Ediciones).
– O soño do osiño rosa (OQO).
– Os nenos porcalláns (Pepa a Loba).
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:





