Peche de tempada na Casa da Lectura

A tempada da Casa da Lectura remata este mércores despois de ofrecer, desde o mes de outubro, trinta sesións de dinamización lectora dirixidas a nenos e nenas de máis de tres anos que asistiron acompañados e acompañadas das súas familias. 

Os ollos e orellas atentas das persoas que asistiron á Casa da Lectura cada mércores puideron ver e escoitar contos de medo, de piratas, contos con sorpresa, contos cos que nos achegamos ao mundo da arte, ao universo e incluso á arqueoloxía. O mércores despediremos a tempada cun itinerario no que coñeceremos unha historia de amor que non ten nada de raro. Agardámosvos!

Grazas a todas as persoas voluntarias que vos achegastes á Casa da Lectura a contar e a ofrecer un obradoiro e o voso tempo. Na sesión anterior recibimos a visita de Fran Alonso, con quen gozamos dun recital de poesía cheo de animais. Podedes ver as imaxes aquí: 

IMG_20260520_183822093_HDR

Como é a última sesión desta tempada a biblioteca só estará aberta para devolucións de libros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *