Pepa A Loba Editora, nova editorial socio protectora de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto á editorial Pepa A Loba, que se incorpora como socia-protectora da asociación.

Esta editorial, que rinde homenaxe á célebre bandoleira no seu nome, naceu en Poio e leva publicados varios álbums infantís ao longo deste primeiro ano de vida. 

Pepa A Loba súmase, desde xeito, ás dezanove editoriais que xa forman parte de Espazo Lectura.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *