Poesía e historias de xente pouco corrente no Lendo Contigo

O sábado 16 de marzo o Lendo Contigo celebra unha sesión dedicada á poesía co libro Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente, de Ramón D. Veiga (Embora Edicións).

Nestes poemas atoparemos personaxes divertidos, curiosos, estrafalarios… anímaste a coñecelos? 

A sesión será o sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor.

Animádevos a participar e a gozar da poesía!

Na sesión do mes de febreiro escoitamos moitas historias de lentellas e ata puidemos saborear algunha orella de Entroido! Podedes ver as imaxes aquí: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *