Premio ao contido audiovisual da conta de A rebelión da lectura

A rebelión da lectura vén de recibir o terceiro premio de contido audiovisual dos Premios Provinciais á Xuventude 2024, organizados pola Deputación de Pontevedra. Estes galardóns, que se organizan anualmente, teñen como obxectivo promover o talento da mocidade da provincia de Pontevedra.

Xela Alonso foi a encargada de recoller o galardón no salón de plenos do Pazo Provincial. No seu discurso fixo mención ao proxecto da Asociación Espazo Lectura e á creación da conta de instagram A rebelión da lectura co obxectivo de complementar a longametraxe documental sobre a historia desta asociación.

Moitísimos parabéns! 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *