Xa está en marcha a Noite na Biblioteca, actividade que Espazo Lectura prepara todos os anos e que serve como peche da tempada das actividades infantís.
O Comando Le, xunto co equipo coordinador da mesma, dedicará a sesión do vindeiro sábado 14 de marzo a elaborar materiais e preparar obradoiros que se porán en marcha nesa máxica noite.
Na sesión anterior do Comando Le, mediante unha dinámica dirixida por Sabela e Leti, creamos avatares libres de estereotipos de xénero co obxectivo de deconstruir etiquetas e abrir imaxinarios novos sobre identidade..
Vémonos na Casa da Lectura o sábado 14 de marzo!




