O próximo martes 15 de novembro celebramos a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Présas fáciles, de Miguelanxo Prado. Para ir abrindo boca podedes escoitar unha entrevista con Miguelanxo Prado falando da obra no programa 54 do podcast Metrópoles Delirantes. Vémonos o martes 15 ás oito da tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na primeira sesión da tempada do club Lecturas Debuxadas, celebrada o pasado 18 de outubro, xuntámonos para falar de “Rural”, unha obra de Étienne Davodeau. Como o seu título avanza, no cómic o autor pasa unha tempada seguindo moi de cerca a vida no rural francés, unha vida alterada polo trazado dunha nova autoestrada. Ao tempo, conta dunha maneira moi exhaustiva, case que documental, como é o día a día nunha moderna explotación gandeira e os problemas e solución dos seus traballadores. Este aspecto documental é moi importante na obra: Davodeau documéntase moito e nótase no debuxo, que ademais de bonito é realista e preciso. Ao longo do libro mantén ademais un tino de naturalidade e honestidade que complementa moi ben a narración, que nunca se fai cansada, senón entretida e fluída.
Picando aquí pódense ver as fotos dese día.