A Libraría Libraida presentará o xoves 6 de marzo ás 20:30 horas o libro O sexo masculino dos anxos, de Manuel Janeiro. O acto se desenvolverá nas instalacións da libraría (Rúa Rosalía de Castro, 13, Gondomar).
Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos. Como poeta, publicou Primera edad ( Castrelos, 1977), Poemas sobreros (Sueltos de Poesía, 1989) e Ensayos para el habla (Cíes, 2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (Kalandraka, 2006) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos é a súa última obra en prosa.