Primeira sesión do ano do Lendo Contigo coa obra Rapunzel con piollos

O sábado 24 de xaneiro celebraremos a primeira sesión do ano do Lendo Contigo coa obra Rapunzel con piollos, de El Hematocrítico (Xerais). Falaremos desta historia tan divertida e de moitas outras cousas interesantes ás 12.00h, na Casa da Lectura.
Aquí vos deixamos o enlace de Luisiño animándovos a vir:
Agardámosvos!

O pasado mes de decembro despedimos o ano achegándonos á autora sueca Asa Lind e O lobo de area, editado por Kalandraka. Gozamos moito con esta obra e falamos sobre ela, pero tamén aproveitamos a ocasión para realizar debuxos da historia ou con personaxes da historia. Estes debuxos formarán parte da biblioteca de Espazo Lectura.
Velaquí as imaxes dese día:
Lendo Contigo 14/12/19