Este luns, 24 de febreiro ás 18:00h na Biblioteca de Gondomar, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestres e mestras do CEIP Serra Vincios que nos teñen preparado un menú de contos para degustar:
– De primeiro, A sopa queima.
– Como acompañamaneto, A galiña roxa.
– De segundo, O gato lambón.
– De sobremesa, Cocorico.
– E para rematar… Fun ao mercado, que cantaremos todos xuntiños!
Continuamos deste xeito coas sesións especiais en colaboración cos centros de ensino socios-protectores de Espazo Lectura.
Estas son as imaxes da semana pasada.