O luns 25 de abril, dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, a sesión do Contomar correrá a cargo dun grupo de profesoras do CEIP Serra Vincios, socio protector de Espazo Lectura, que nos traerán unha selección de contos para compartir cos nenos e nenas que queiran achegarse á Biblioteca de Gondomar. A sesión xirará arredor das cores, e escoitaremos, entre outras, as seguintes historias: Home de cor, O peixe arxo da vella, Paxaro amarelo ou Presiona aquí.
Estas son as imaxes do luns pasado. Nela estivemos acompañados de 20 nenos e nenas cos que compartimos moitos contos, entre eles: La vocecita, Flai e o arco da vella, Mariluz Avestruz ou Non quero ser un polbo.