Este próximo mércores 12 febreiro a Casa da Lectura acollerá unha sesión na que os protagonistas serán os puntos e os círculos.
A partir de contos como Aquiles, o puntiño, de Guia Risari e Marc Taeger; Um livro, de Hervé Tullet; Pequeno azul e pequeno amarelo, de Leo Lionni ou O punto de Peter H. Reynolds veremos que os puntos e os círculos non sempre son o que parecen e que, cun chisco de creatividade, podemos convertelos nas cousas máis sorprendentes.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior recibimos a visita de moitos lobos a través das historias que nos contaron Aida e Yaiza. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón:
