Este mércores 8 de marzo a Casa da Lectura volve acoller a visita de dúas comandoleiras que se encargarán da sesión de dinamización lectora desta semana. A sesión xirará ao redor das emocións e a capacidade que todos e todas temos para expresar diferentes estados de ánimo. Lerannos os contos O patiño feo, Teño medo! e Onde perdeu lúa a risa? e farannos cantar de alegría! A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.
A anterior sesión, na que se respirou o Entroido, estivo dedicada ás bruxas e aos seus meigallos. Aquí pódense ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/rKzq5J3hwUBvzt419