Recital de poesía na Casa da Lectura

Este mércores, na Casa da Lectura, falaremos de animais como o gato, a araña, a curuxa, a xirafa ou o elefante (que é moi elegante). Debuxaremos, escribiremos e descubriremos o poder e a maxia que se agocha nas palabras.

A biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.  

Na sesión anterior recibimos a visita do alumnado de 5º e 6º do CEP Neira Vilas e das súas mestras. Contaron e representaron diferentes historias e, para rematar, puidemos levar recordo da sesión unha marioneta con algún personaxe dos contos. Foi unha sesión moi bonita, moitas grazas por vir!

Podedes ver as imaxes aquí:

Casa da Lectura_13MAI26_1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *