“Reconversión” este xoves no Sete Vidas

O próximo xoves 7 de maio o Sete Vidas achegarase ao teatro da man de Reconversión, de Santiago Cortegoso (Edicións Positivas).

Reconversión é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. Entre o íntimo e o político, a obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80 do século pasado.

Santiago Cortegoso

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *