O venres 20 de febreiro ás 18:00h terá lugar unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para bebés de 0 a 3 anos. A sesión, como é habitual, celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da asociación Espazo Lectura.
Nesta ocasión presentaremos un relato rimado de contaxiosa alegría, que terá como protagonista un excéntrico personaxe, con moito humor e con algunha sorpresa. E, por se isto fora pouco, contaremos con acompañamento de música en directo. Non o perdades!
A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade.
A entrada será, coma sempre, de balde.
Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos e fillas de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00h do xoves 19 de febreiro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
🔶O nome do bebé.
🔶O ano de nacemento: nenos/as de 0-3 anos nacidos en 2023 ou despois.
🔶O nome da persoa adulta que o Vai acompañar.
🔶Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera).
🔶📢En caso de ser socios de Espazo Lectura, o nome do socio/a.
Lembrade que é moi importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.
Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de inscrición non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).
Agardámosvos!




