O vindeiro sábado, 22 de febreiro, terá lugar unha nova sesión do Comando Le.
A lectura escollida para esta ocasión é Sei cantar e sei bailar de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo (Xerais). Contaremos coa presenza da autora que nos contará como foi o proceso de documentación para a elaboración do libro e nos achegará ás figuras de Dorothé Schubarth e as pandereteiras de Mens, Adolfina e Rosa Casás e Eva Castiñeira.
Seguimos nesta sesión coa aproximación á poesía popular galega que é un tema xa tratado desde outros puntos de vista nas sesións anteriores.
En xaneiro tivemos outra festa das boas no Comando Le mentres aprendemos sobre a cultura popular galega, a métrica das coplas populares e as cantigas actuales que seguen esa estrutura. Aproveitamos para facer as nosas propias cantigas. Grazas a Noli, Anxo, Pablo, Mirian, Isaac e Félix que trouxeron coñecementos, música, bo humor e talento a esgalla.
Vémonos entón o sábado ás 20:00h na Casa da Lectura