“Sempre vivimos no castelo” no Sete Vidas

Este xoves 1 de febreiro o Sete Vidas reúnese de novo para falar da novela Sempre vivimos no castelo, da autora estadounidense Shirley Jackson, editada por Rinoceronte e traducida por Moisés Barcia.

Shirley Jackson

Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo.

Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do tradutor.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *