Sesión compartida do “Daquelas que len” e “Lecturas Debuxadas”

O martes, día 14 de febreiro teremos unha sesión compartida do Lecturas Debuxadas e o Daquelas que len coa obra Nós Seis de Julia Lago (Deputación Provincial Da Coruña), que foi o XIV Premio Castelao de Banda deseñada na edición de 2021. Relata a rebeldía secreta de seis nenas que, nun internado católico da España de posguerra, exploran calquera vía de escape para para eludir o rexime alienante e represivo que rexía a vida no convento.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h onde contaremos coa presenza da autora. Se queres participar mediante videoconferencia, envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com

            Respecto ao pasado 17 de xaneiro celebramos a primeira sesión do ano no Lecturas Debuxadas coa obra O bosque dos raposos aforcados de Nicolas Dumontheuil baseada na novela de Arto Paasilinna. Resultou unha sesión moi divertida xa que o cómic está cheo de humor e personaxes delirantes que se enfrontan a situacións extravagantes e absurdas. A pesares diso a temática tamén toca temas como a amizade, o poder do diñeiro e as normas de convivencia nun entorno totalmente agreste.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *