Este vindeiro sábado 29 de marzo, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Acompañaranos Josiño da Teixeira para facermos unha sesión de improvisación, retranca e diversión. Con esta sesión continuamos coñecendo a nosa tradicional oral e aprendendo que é iso da regueifa de onde vén, orixes e moitas cousas máis que, de seguro, nos contará Josiño.
Na sesión anterior recibimos a visita de Eva Mejuto co seu libro “Sei cantar e sei bailar” (Xerais). Falounos de Dorothé Schubarth e de como foron as súas andainas por todo o país para facer a recollida dos “tesouros” da tradición oral. Eva trouxo a zanfona e o acordeón e rematamos cantando unhas coplas. Acudiron 20 comandoleirxs.
Vémonos na Casa da Lectura o sábado 29 de marzo!