“Son animal” con Paco Nogueiras para despedir os Mércores da Casa da Lectura

Este mércores 28 de maio ás 18:00 horas, a Casa da Lectura acollerá a sesión de peche de tempada. 

Recibiremos a visita de Paco Nogueiras e seu novo traballo Son animal” (Kalandraka). Daquela seguro que todos seremos un pouco máis animais e encheremos a Casa da Lectura de vacas, cadelos, burros, cabras, galiñas e outros moitos bechos cos que viaxaremos polo mundo a través de diferentes estilos musicais. 

Non volo perdades!

A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para realizar devolucións de libros. 

Na sesión anterior Aida, unha das coordinadoras dos mércores da Casa da Lectura, contounos en lingua de signos, e axudada da súa voz, Onde estás, Caracol? (OQO). Grazas as mans de Aida puidemos descubrir esta marabillosa historia entre Caracol e Lagartiña. Podedes ver as imaxes da sesión nesta ligazón: 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *