Sons, música e vento na Casa da Lectura

O mércores 1 de febreiro, a partir das 6 da tarde, a Casa da Lectura encherase de sons, música e vento. Contaremos Violín (Kalandraka), Sopra neste furadiño (Edicións Embora) e A cebra Camila (Kalandraka) e, a partir destes contos, realizaremos un pequeno obradoiro cos nenos e nenas que se acheguen á sesión.

Na sesión de dinamización lectora da semana pasada a Casa da Lectura transformouse nun auténtico galiñeiro cheo de ovos, pero non ovos calquera, senón de vaca! Aquí pódense ver algunhas imaxes dese día: https://goo.gl/photos/yezYvHDhuNEZw1Ar6