O mércores 19 na Casa da Lectura faremos “Oh!” ao ver que ás veces nos libros hai cousas que non son o que parecen.
Se queres descubrir sorpresas que se agochan nas páxinas dos contos, esperámoste o próximo mércores ás 18:00h na Casa da Lectura.
E lembra que a Casa da Lectura permanecerá aberta desde as 17:30h para o servizo de préstamo.
A semana pasada falamos de letras, cores e ilustración a través dos libros: Abecedario Ilustrado (Xerais), Pequeno azul e pequeno amarelo (Kalandraka) e Simón, o camaleón creado por Amaia Arrazola. Podedes ver as imaxes desta sesión aquí:





