Se erguemos a vista cara ao ceo podemos ver… nubes (como as que apalpamos o mércores pasado na Casa da Lectura), o sol, a choiva, un avión… E cantas cousas máis? A través de tres contos do autor Oliver Jeffers (How to catch a star; The way back home e Up and down) é moi posible que o mércores 19 a partir das 6 da tarde, na sesión de dinamización da Casa da Lectura, descubramos de que outras cousas estamos a falar.
Estas son as imaxes da sesión da semana pasada, na cal soñamos entre nubes.