Última sesión da tempada do Lecturas Debuxadas
Velaquí dúas imaxes da sesión do Lecturas Debuxadas dedicada á lectura de Persépolis, de Mariane Satrapi. Con esta sesión remata a tempada do club que se reanudará a partir do mes de outubro.
Velaquí dúas imaxes da sesión do Lecturas Debuxadas dedicada á lectura de Persépolis, de Mariane Satrapi. Con esta sesión remata a tempada do club que se reanudará a partir do mes de outubro.
O blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia está a recoller as diferentes listaxes con recomendacións de lecturas para o verán elaboradas por bibliotecas escolares de todo o país. Moi recomendable a súa consulta.
O científico galego Xurxo Mariño, a través do seu magnífico blog sobre divulgación científica ADN, recomenda os libros sobre ciencia que máis lle gustan.
O suplemento cultural Luces da edición galega do xornal El País publica hoxe unha reportaxe titulada “Ler no verán para preparar o inverno” na cal diferentes persoas do mundo da cultura recomendan lecturas para saborear durante os meses de verán.…