Este próximo sábado 28 de novembro teremos unha nova sesión do Comando Le arredor do libro A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, do neurocientífico Juan Casto Rivadulla Fernández, unha obra publicada pola editorial Galaxia.
A sesión, que conta co apoio do Concello de Gondomar, desenvolverase de 20:00h a 22:00h no Centro Neural de Gondomar e contará coa presenza do autor. A actividade, na que se cumprirán as medidas de distanciamento social establecidas polas autoridades sanitarias, está aberta unicamente aos rapaces e rapazas que xa asistían en tempadas anteriores.
Deixámosvos a continuación as imaxes da sesión anterior, celebrada tamén no Centro Neural en outubro de 2020: