Tarde de fantasmas na CdL

Os mércores da Casa da Lectura estanse volvendo arrepiantes!

Se a semana pasada os monstros habitaron a nosa casa en Donas, este mércores tócalle o turno a algún que outro fantasma.

Aproveitaremos o mal tempo para gorecernos na Casa da Lectura e contar contos que non dan moito medo. E como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.

Agardámosvos! Non faltedes.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *