“Todas las mañanas”: cómic número 150 do Lecturas debuxadas

O martes, 20 de maio, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas coa obra , Todas las mañanas de Javier Isusi, Astiberri (en colaboración coas asociacións FICE Spain, Agintzari e Resilis)

Ana e Laia son dúas amigas. Ana está casada con fillas e non solta xamais bocaladas, xusto ao revés de Laia. Ambas teñen un traballo que lles ocupa todas as mañás, todas as tardes, todas as noites. As 24 horas do día. Os 7 días da semana

Este cómic amosa mundos escondidos, realidades coas que convivimos e das que sabemos moi pouco. O obxectivo deste cómic é dar a coñecer un programa que busca que familias con membros cunha formación específica poidan acoller a nenos e nenas con graves danos emocionais. É unha obra chea de verdade, sensibilidade, respecto e realismo.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión de abril gozamos dunha sesión compartida co Daquelas que len  coa obra “Xaora”, de Ana Moreiras que estivo con nós e iluminou moitos dos temas que aparecen na novela gráfica. Explicounos anécdotas, teimas e compromisos persoais que constrúen e dan sentido á obra.

2_Lect Deb_22-04-2025

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *