ÚLTIMA SESIÓN DO ANO DO COMANDO LE

Este vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a segunda das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” organizado pola UVigo no que colaboramos desde Espazo Lectura.

            Co libro As alumnas de Paula Carballeira como protagonista tentaremos reflexionar e visualizar de maneira artística os conceptos claves do libro, facilitando unha lectura crítica desde a emoción e a creatividade que será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos).

            Á sesión anterior do Comando Le acudiron 20 rapaces e rapazas. A dinámica dirixida por Sabela centrouse na desmitificación do amor romántico e na prevención das ciberviolencias sexuais, tomando como punto de partida a identificación de estereotipos de xénero, a análise crítica de modelos de relacións e a comprensión das violencias presenciais e dixitais que afectan á mocidade.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 13 de decembro!

Universidade de Vigo

ANILIJ Investigación – Instagram

ANILIJ Investigación – Facebook

Facultade Filoloxia e Tradución

Sabela Salgueiro – Instagram

Kidcode Academy

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *