Última sesión do ano na Casa da Lectura

Este mércores, 18 de decembro, ás 18:00 h celebramos a última sesión de dinamización do ano na Casa da Lectura.

Despediremos o ano contando Xaime e as landras (Kalandraka), A mellor sopa do mundo (OQO), A familia de Basilia (Miau) e Homiño de mazapán (Kalandraka) e intercambiaremos os nosos desexos para o ano 2025.

A Casa da Lectura retomará a súa actividade o mércores 15 de xaneiro no seu horario habitual.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros. 

Na sesión anterior Bea Pereiro e Fran Alonso contáronnos a marabillosa experiencia de ler e de todos os beneficios que ten. Despois da contada, convidáronnos a construir a nosa propia casiña, que ao igual que A Casa da Lectura, estaban todas cheas de libros. 

Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:

Casadalectura (17)

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *