Último Sete Vidas da tempada este xoves 27

O próximo xoves, 27 de maio, ás 20:00h o Sete Vidas reunirase, por última vez esta tempada, para falar de O retorno dos homes mariños de Xurxo Souto (Xerais). A editorial Xerais reedita a primeira novela de Xurxo Souto, na cal presenta unha Coruña mariñeira, atlántica, e rescata o mito esquecido dos homes mariños.

Reunirémonos, cumprindo con todas as medidas de seguridade sanitaria, no xardín da Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). En caso de chuvia trasladarémonos ao Centro Neural de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor, que nos convidará a cantar na compaña do seu acordeón.
XurxoSouto1