A Asociación Galega da Encadernación de Arte acaba de disolverse despois de 16 anos de actividade. Buscaban unha entidade que traballase no ámbito do libro para doarlle o diñeiro do que dispoñían na conta da entidade. A asociación escollida foi Espazo Lectura e desde a Xunta Directiva non podemos menos que darlles as grazas pola decisión. Esta doazón (877€) reverterá no traballo e nas actividades de Espazo Lectura, que se realizan cunha ilusión e un compromiso co libro e a lectura semellantes aos que marcaron o traballo dos membros da Asociación Galega da Encadernación de Arte. En nome de todas as persoas que formamos Espazo lectura, grazas.