Un camaleón na Casa da Lectura

Letras, cores e un camaleón que se chama Simón, encherán a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura. Ademais completaremos o edificio que comezamos a semana pasada e no que conviven un montón de personaxes diferentes. Agardámosvos!

A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior recibimos a visita de Carlota, Antía e Inés, tres comandoleiras que nos contaron e cantaron historias marabillosas: “O meu vizinho é um cão” (Planeta Tangerina),

 “Mago Goma” (Kalandraka) e “Crocodilo namorado” (Kalandraka), do que tamén cantamos a canción. Podedes ver as imaxes da sesión aquí:

IMG_20251105_180557662_HDR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *